Viernes - 20.Noviembre.2026 |
Estás en: Poetas noveles Cego. Por un ácido rosa que me saltou ós ollos. Ti tampouco colaboras moito. Dun talento insospeitado ligado á polivalencia. Quero ser coma ti. Vivir o que ti vives e que che quita a sede polos días. Nun teatro onde conta máis o papel que a calidade do actor para futuras funcións, e o telón que pón fin á obra está cosido polos pervertidos máis poderosos. “ Dubidú, quiero ser como tú “. Urbanismo sintonizado cunha beleza sinxela nada entre os edificios de Vigo. Ser modelo pola túa forza e por ser sempre mellor agora que cando o sol dixo adeus por última vez. Quero ser coma ti. Porque, aparte de ser amor, musa, e charco onde van parar as miñas bágoas, tamén quero que sexas o meu fogar.
![]()
| ||||||||||||||||||||||||
v.03.15:0,078 Novedades Contacto buscador Mapa web GestionMax | |
© RedGiga - 1998-2026 |
Aviso Legal |
Política de Privacidad |
Publicidad |